Actividades conmemorativas
feitas con motivo do 8 de marzo.
Dende o centro organizáronse diferentes actividades:
- Charla do Plan Director impartida por un axente do Corpo Nacional da Policía, destacando as relacións baseadas na confianza e no respecto mutuo.
- Pasapalabra “Día da Muller” para visibilizar as diferentes profesións realizadas por mulleres.
- Exposición itinerante sobre as “Mulleres na ciencia” de Exxperimenta en feminino para sensibilizar e espertar a vocación científica a través de referentes femininos.