LL.GG. 2026 – ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Exposición e actividades realizadas co alumnado do centro:

O 17 de maio, coincidindo coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro no ano 1863, celebramos o Día das Letras Galegas, unha data fundamental para a nosa cultura e lingua. Cada ano, esta conmemoración rende homenaxe a unha figura destacada das letras e da cultura galega e, neste 2026, a protagonista é a xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014).

 

 

Con motivo desta celebración, o alumnado traballou cos carteis e coas unidades didácticas elaboradas a partir das propostas gañadoras do Concurso de Carteis das Letras Galegas 2026.