Biblioteca

A Biblioteca da EPA Berbés é un acolledor espazo onde o alumnado pode satisfacer a súa curiosidade lectora, estudar individualmente ou en grupo, dar renda a súa creatividade e/ou participar en calquera das actividades que dende o centro se ofertan. Para realizar estas tarefas, conta con mobiliario modular e versátil para adaptar o espazo ás necesidades de cada momento. Conta tamén con proxector e pantalla, 4 ordenadores portátiles nas mesas do alumnado, un equipo de gravación de vídeo, sección propia na páxina web do centro e preto de 6000 volumes bibliográficos en diferentes idiomas, dada a procedencia variada do noso alumnado. Entre os servizos e actividades que se ofrecen subliñamos ás seguintes:

  • Servizo de Préstamo
  • Equipo de Biblioteca aberto a todo aquel que desexe colaborar
  • Club de Lectura
  • Cinefórum
  • Grupo de Teatro
  • Participación en actividades de días sinalados no calendario escolar.
  • Traballo por proxectos
Logo principal

Consulta o noso catálogo

Preme no seguinte botón para consultar o noso catálogo.

IMPORTANTE: A información desta base de datos é puramente orientativa. Lembra que os préstamos e retiradas de títulos só poden ser feitos en persoa, no propio centro, utilizando o teu carné de lector.
Non se fan reservas.