O pasado 15 de maio a nosa orientadora foi ao centro Diversidades na rúa García Barbón 36 para:
1- Coñecer a Asociación Diversidades Acolle que é unha entidade social sen ánimo de lucro de Utilidade Pública que ten por obxecto a promoción dos dereitos e a igualdade de oportunidades das persoas inmigrantes e refuxiadas, apostando pola construción dunha sociedade diversa e intercultural.
2- Para falar co alumnado do programa BROS ESCOLA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE e ofrecerlle a oferta educativa da EPA Berbés.
http://diversidades.org/oferta-formativa/bros-escola-de-segunda-oport/
