Os alumnos visitaron as instalacións onde se atopan as distintas emisoras de RadioVigo, así como tamén a televisión local da nosa cidade.
Disfrutaron dunha experiencia radiofónica e televisiva moi produtiva. Gravaron una cuña publicitaria sobre o noso centro e experimentaron o traballo e o funcionamento dun plató de televisión.
O principal obxectivo da visita, sobre todo tendo en conta a diversidade lingüística que existe entre o noso alumnado, foi o de fomentar e mellorar a comunicación oral para así poder favorecer unha mellor integración e socialización.