O Departamento de EBI organizou unha visita ao Museo de Pontevedra, financiada pola Deputación Provincial.
No percorrido das distintas salas os alumnos atenderon as explicacións da guía do Museo, mostrando moito interese. Dende a Prehistoria e cultura castrexa ata o Renacemento, pasando polo camiño de Santiago.
Ao rematar a visita, fíxose un breve itinerario pola cidade, en concreto pola zona vella, rematando na Igrexa da Peregrina.