Información:

É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade presencial ten as seguintes características:

  • As clases presenciais son diarias.
  • Avaliación continua.
  • Horarios flexibles de acordo coa dispoñibilidade do Centro e as necesidades do alumnado.
  • Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.

Módulos e Ámbitos:

A E.S.A. está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O.

Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:

  • Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
  • Ámbito SOCIAL
  • Ámbito de COMUNICACIÓN

Duración:

Na Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) o ano académico divídese en dous cuadrimestres:

  • 1º Cuadrimestre: de setembro a febreiro
  • 2º Cuadrimestre: de febreiro a xuño.

En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos.

No 2º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1ºCuadrimestre.

Materiais:

Os materiais empregados (libros, apuntes…) serán os que indique o/a profesor/a de cada ámbito.

Avaliación:

  • A avaliación de cada ámbito farase de acordo a exames, traballos ou actividades que cada profesor/a indicará ao longo do curso.
  • Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.

Curso 2023/24

ESA Presencial (Prazo ordinario de inscrición e matrícula):

  • Do 3 ao 14 de Xullo de 2023, ambos inclusive.

 

ESA Presencial (Prazo extraordinario de inscrición e matrícula):

  • 1º Cuadrimestre: Do 1 ao 8 de Setembro de 2023.
  • 2º Cuadrimestre: Do 9 ao 19 de Xaneiro de 2024.

FORA DOS PRAZOS CONSULTAR SE HAI PRAZAS DISPOÑIBLES

Antigo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
  • Unha fotografía tamaño carné 

Novo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
  • Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade.
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)

IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.

 

Notas Xerais

  • Os menores de 28 anos que se matriculen en 3º e 4º deberán aboar no centro as taxas para o pago do seguro escolar (1,12 €. Prégase traer a cantidade exacta).
  • O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
  • O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.