Información
A modalidade a distancia é impartida polo IES San Clemente (Santiago de Compostela). A matrícula poderá tramitarse na secretaría da EPA Berbés. Para isto, haberá que facer previamente un ingreso na conta do IES San Clemente e traer ao noso centro o xustificante de pago para poder obter o sobre de matrícula.
Consulte aquí toda a información sobre esta modalidade.
Prazos de Matrícula
O período ordinario de matrícula vai do 15 de setembro até o 27 de novembro de 2020.
Documentación que debe presentar
- Sobre de matrícula cuberto*
- Fotocopia DNI/Pasaporte en folio sen recortar
- Unha fotografía tamaño carné co nome escrito por detrás
- Certificación Académica ou Titulación
*Para obter o sobre de matrícula deberá facer previamente un ingreso no seguinte número de conta:
ES65 2080 0300 8130 4008 9039
A cantidade a ingresar será:
- 3€ se ten ou é maior de 28 anos (taxas do sobre de matrícula)
- 4,12€ se é menor de 28 anos (taxas do sobre + custo do seguro escolar)
A continuación deberá traer ao noso centro o xustificante de ingreso para obter o sobre de matrícula.
NON SE ADMITEN PAGOS EN EFECTIVO.