A modalidade a distancia é impartida polo IES San Clemente (Santiago de Compostela). A matrícula poderá tramitarse na secretaría da EPA Berbés. Para isto, haberá que facer previamente un ingreso na conta do IES San Clemente e traer ao noso centro o xustificante de pago para poder obter o sobre de matrícula.

Consulte aquí toda a información sobre esta modalidade.

Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:

  • 1º Cuadrimestre: Do 1 de Setembro ao 12 de Xaneiro de 2024.
  • 2º Cuadrimestre: Do 1 de Febreiro ao 26 de Abril de 2024.

 

A matrícula tramitarase no noso centro presentando:

  • Sobre de matrícula cuberto (pode solicitalo no noso centro)
  • Fotocopia DNI/Pasaporte en folio sen recortar
  • Unha fotografía tamaño carné co nome escrito por detrás
  • Certificación Académica ou Titulación
  • Certificación de contrato de traballo (só menores de 18 anos)

 

AVISO IMPORTANTE: O alumnado menor de 28 anos deberá ingresar a cantidade de 1,12€ en concepto de pago do seguro escolar. Deberá facer previamente un ingreso no seguinte número de conta:

ES65 2080 0300 8130 4008 9039

 

e indicar no concepto “Pago do Seguro Escolar”. A continuación deberá traer ao noso centro o xustificante de ingreso para poder tramitar a matrícula.

 

NON SE ADMITEN PAGOS EN EFECTIVO.