EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Reunión do Club de Lectura sobre a novela “Fahrenheit 451”, de Ray Bradbury.

Nesta reunión do Club de Lectura debatimos sobre a famosa novela de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”, situada nunha realidade distópica na que os libros eran queimados, xa que a través da lectura as persoas comezan a pensar, analizar e cuestionar a súa vida e a realidade que lles rodea. Do mesmo xeito, este libro tamén nos advirte alegóricamente da ameaza que supón para o pensamento crítico o constante bombardeo dixital.