EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Reunión do club de lectura sobre a obra “Rewind” de Juan Tallón, celebrada o pasado 13 de Novembro.

 

 

Tallón propón nesta novela a reconstrución dun suceso traumático (a explosión nun edificio de Lyon onde uns mozos estudantes Erasmus están a facer unha festa) desde a perspectiva de cinco afectados. O centro da novela son os mozos estudantes, pero só un deles sobreviviu á traxedia, Paul. Sobre o resto recibimos noticias de Paul e dos outros catro protagonistas: Álvaro (pai de Emma), Hanna (unha xornaleira), Gianna (a irmá de Luca) e Violette (enfermeira de Urxencias). Cada un deles achegaranos información sobre a traxedia e as consecuencias que tivo para cada un deles e as súas familias.