Reunión do club de lectura sobre a obra “Golpes de Luz” de Ledicia Costas, celebrada o pasado 13 de Marzo.
Trátase dunha novela diferente, que vén marcada por unha narración en primeira persoa de tres personaxes moi diferentes: a avoa, a nai e o neto. Tres personaxes que conviven e que, a pesar de contarnos a mesma historia, o fan dende tres posicións moi diferentes e determinadas pola súa idade.