EPA VerVés – ACTIVIDADE DE CINE FÓRUM

Reunión do grupo de Cine Fórum sobre a película “Flores de otro mundo”

Este filme presenta un retrato da España rural actual, amosando o fenómeno da migración xuvenil dende os lugares máis afastados cara ás cidades, o envellecemento da poboación e a soidade dos homes e mulleres do campo. Tamén exhibe o drama reiterado da emigración ilegal e o abuso de poder por parte dalgúns nativos con respecto aos que veñen do estranxeiro.

 

Ao remate da película debatíronse temas como a natureza do racismo na nosa sociedade e a integración e adaptación dos inmigrantes nunha sociedade que non é a súa.