EPA VerVés – ACTIVIDADE DE CINE FÓRUM

Reunión do grupo de Cine Fórum sobre a película “Captain Fantastic”.

Neste entrañable filme o seu director ofrécenos unha suxestiva reflexión sobre os nosos modelos educativos, extremadamente condicionados por un mercado laboral tan volátil como precario polo crecente impacto das novas tecnoloxías. Captain Fantastic conta a historia de Ben, un home de familia que decide, xunto coa súa muller Leslie, mudarse a un bosque para criar aos seus fillos. Cunha ideoloxía anticapitalista, apoiada nas teorías de Noam Chomsky, Ben e a súa muller comezan un proxecto extremadamente difícil para construír unha especie de paraíso autosuficiente, onde asumen a crianza e a educación dos seus fillos e a súa preparación para a vida. A morte da nai, por mor dunha depresión, fai que se atopen cunha sociedade que os recibe sen entender exactamente o que son.

 

Tras o visionado do filme, debátense puntos tan interesantes como cal é o límite na liberdade para escoller a educación dos nosos fillos, se as escolas na casa son unha boa opción ou se a educación dos nenos da película foi adecuada para integrarse na sociedade.