Imaxes do obradoiro de regueifas co alumnado de EBI e ESA Presencial
O luns 4 de maio recibimos, por segunda vez neste curso, a visita dos regueifeiros Pinto de Herbón e Luis Caruncho. Anteriormente estiveran en horario matinal e, como se coñece que foi exitosa a súa presenza, nesta ocasión convocámolos en sesión vespertina para desenvolver o seu obradoiro de regueifas e deleitar o alumnado de EBI e ESA, así como o profesorado asistente.
Como adoita ser habitual, comenzaron cunha breve exposición histórica, poética e musical relativa ás orixes da regueifa e á sua presenza global para, a continuación, implicar o público presente no proceso de elaboración de series de estrofas octosilábicas, de ritmo trocaico e con rima nos versos pares, ou sexa, as coplas populares de todas a vida, que todos coñecemos e responden ao esquema rítmico TÁRA-RÍRO-RÍRO-RÍRO.
O certo foi que a concurrencia se foi aplicando ao labor e, ao final, víronse, entonáronse e celebráronse os resultados.
En definitiva, máis unha vez unha intervención cultural ben entretida, enriquecedora e creativa que dinamizaron con moita sabedoría e habelencia os nosos regueifeiros preferidos. VIVAN PINTO E CARUNCHO MOITOS ANOS!!
