8M – ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Vídeos das actividades conmemorativas feitas con motivo do 8 de marzo

 

Exposición fotográfica facendo un percorrido ao longo da historia da loita pola igualdade a través de imaxes históricas e cartaces conmemorativos.

 

Realizamos tamén a actividade proposta pola “Asesoría de Aprendizaxe Permanente” da Consellería, titulada Photocall pola igualdade.

 

Varios membros da comunidade educativa do centro fixeron tamén este vídeo para reivindicar o papel das mulleres ao longo dos anos.

 

No grupo de EBI II T, fíxose unha unidade didáctica sobre o dia da Muller. Nela, como traballo persoal, os alumnos debían facer un relato sobre algunha muller da súa familia, na que se deixaran ver as dificultades que tiveron na vida. Unha vez feitos , os expuxeron  na clase e todos os alumnos participaron das vidas das demais mulleres.