VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE

Visita guiada ao museo etnográfico Liste de Vigo, co grupo de 2º ESA da mañá.

Resultou unha experiencia verdadeiramente enriquecedora para o alumnado, que quedou moi contento de facer algo diferente, cunhas explicacións da guía amenas e didácticas. Para varios deles foi un reencontro cos recordos da infancia da súa aldea; e para a maioría dos nosos estudantes -de diversa procedencia- supuxo un primeiro achegamento aos modos de vida ancestrais de Galicia.