Información
NIVEL I
- Información: Este nivel está pensado para aquelas persoas que necesiten adquirir as destrezas básicas de lecto-escritura e cálculo (Alfabetización), ou mellorar as devanditas destrezas (Neolectores).
- Horario semanal: Doce sesións semanais.
- Equivalencia: Equivale ata 3º de Primaria.
- Modalidade: Só poderá ser cursado na modalidade de presencial.
- Duración: Non existe límite de tempo. Depende do ritmo de aprendizaxe do alumno/a para a adquirir os coñecementos establecidos.
NIVEL II
- Información: Dirixido ás persoas que, dominando o nivel anterior, non teñen ningunha titulación académica e desexen algunhas das opcións seguintes:
- Acceder á Educación Secundaria para persoas Adultas
- Consolidar as técnicas de lecto-escritura e cálculo
- Participar activamente na vida social e cultural.
- Horario semanal: Dezaseis sesións semanais
- Equivalencia: Equivale ata 6º de Primaria.
- Modalidade: Só poderá ser cursado na modalidade de presencial.
- Duración: Non existe límite de tempo. Depende do ritmo de aprendizaxe do alumno/a para a adquirir os coñecementos establecidos
Admisión e Matrícula
Curso 2024/25
Prazo ordinario de inscrición e matrícula:
- Do 1 ao 12 de Xullo, ambos inclusive.
Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:
- A partir do 2 de setembro. Aberta todo o curso (en función das prazas dispoñibles).
Documentación que debe presentar
Antigo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
- Unha fotografía tamaño carné
Novo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
- Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade.
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)
IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.
Notas Xerais:
- O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
- O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.