Información
Información:
É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade presencial ten as seguintes características:
- As clases presenciais son diarias.
- Avaliación continua.
- Horarios flexibles de acordo coa dispoñibilidade do Centro e as necesidades do alumnado.
- Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.
Módulos e Ámbitos:
A E.S.A. está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O.
Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:
- Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
- Ámbito SOCIAL
- Ámbito de COMUNICACIÓN
Duración:
Na Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) o ano académico divídese en dous cuadrimestres:
- 1º Cuadrimestre: de setembro a febreiro
- 2º Cuadrimestre: de febreiro a xuño.
En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos.
No 2º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1ºCuadrimestre.
Materiais:
Os materiais empregados (libros, apuntes…) serán os que indique o/a profesor/a de cada ámbito.
Avaliación:
- A avaliación de cada ámbito farase de acordo a exames, traballos ou actividades que cada profesor/a indicará ao longo do curso.
- Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.
Admisión e Matrícula
Curso 2024/25
ESA Presencial (Prazo ordinario de inscrición e matrícula):
- Do 1 ao 12 de Xullo de 2024, ambos inclusive.
ESA Presencial (Prazo extraordinario de inscrición e matrícula):
- 1º Cuadrimestre: Entre o 2 e o 10 de setembro de 2024.
- 2º Cuadrimestre: Entre o 8 e o 17 de xaneiro de 2025.
FORA DOS PRAZOS CONSULTAR SE HAI PRAZAS DISPOÑIBLES
Documentación que debe presentar
Antigo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
- Unha fotografía tamaño carné
Novo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
- Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade.
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)
IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.
Notas Xerais
- Os menores de 28 anos que se matriculen en 3º e 4º deberán aboar no centro as taxas para o pago do seguro escolar (1,12 €. Prégase traer a cantidade exacta).
- O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
- O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.
Horarios / Outros Documentos
Horario ESA PRESENCIAL 1º CUADR. (curso 2024/25)
Horario ESA PRESENCIAL 2º CUADR. (curso 2024/25)