Información

Impártese o Bacharelato na modalidade de Ciencias e na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Titorías

  • A atención do alumnado do Bacharelato de adultos semipresencial realizarase fundamentalmente a través de titorías presenciais, que serán de dous tipos: titorías lectivas e titorías de orientación.
  • As titorías lectivas serán dunha sesión semanal para cada materia. Serán de asistencia obrigatoria.
  • As titorías de orientación dedicaranse a solucionar as dúbidas e os problemas que puideran xurdir entre o alumnado no estudo de cada materia, así como para indicar algunhas pautas que permitan un mellor aproveitamento do seu estudo.

Avaliacións

  • Cada curso constará de tres avaliacións e unha avaliación extraordinaria de setembro.

Exames

  • Os exames realizaranse segundo o calendario e horario que se estableza.
  • É imprescindible identificarse co DNI para poder realizar os exames.
  • Se necesita un  xustificante de asistencia ao exame, debe solicitalo ao profesor/a vixiante do mesmo.
  • Non pode saír do exame ata transcorridos 15 minutos. Unha vez saia alguén do exame, non  pode entrar ninguén máis.

Curso 2024/25

Prazo ordinario de inscrición e matrícula:

  • Do 1 ao 12 de Xullo de 2024, ambos inclusive.

 

Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:

  • Do 2 ao 20 de Setembro de 2024.

 

IMPORTANTE: O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro de 2025 poderá realizar a matrícula en BACHARELATO do 17 ao 28 dese mesmo mes.

 

Antigo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
  • Unha fotografía tamaño carné

Novo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
  • Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)

 

Notas Xerais

  • Os menores de 28 anos deberán aboar no centro as taxas para o pago do seguro escolar (1,12 €. Prégase traer a cantidade exacta).
  • O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
  • As persoas maiores de 25 anos poden solicitar a exención da materia de Educación Física. Para iso deben cubrir o impreso correspondente (Descargar)
  • O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.