Información
A modalidade a distancia é impartida polo IES San Clemente (Santiago de Compostela). A matrícula poderá tramitarse na secretaría da EPA Berbés. Para isto, haberá que facer previamente un ingreso na conta do IES San Clemente e traer ao noso centro o xustificante de pago para poder obter o sobre de matrícula.
Consulte aquí toda a información sobre esta modalidade.
Prazos de Matrícula
O período extraordinario de matrícula vai do 2 de setembro até o 20 de setembro de 2024.
IMPORTANTE: No bacharelato a distancia, a dirección do centro poderá autorizar ata o 25 de abril de 2025 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:
- Cando o alumno ou a alumna acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.
- En caso de enfermidade prolongada acreditada.
- Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.
Documentación que debe presentar
A matrícula do BACHARELATO A DISTANCIA realizarase de forma telemática a través desta ligazón.
Se houbera calquera circunstancia que o impidise, tamén se podería realizar presencialmente no noso centro, presentando:
- Sobre de matrícula cuberto (pode solicitalo no noso centro)
- Fotocopia DNI/Pasaporte en folio sen recortar
- Unha fotografía tamaño carné co nome escrito por detrás
- Certificación Académica ou Titulación
AVISO IMPORTANTE: O alumnado menor de 28 anos deberá ingresar a cantidade de 1,12€ en concepto de pago do seguro escolar. Deberá facer previamente un ingreso no seguinte número de conta:
ES65 2080 0300 8130 4008 9039
e indicar no concepto “Pago do Seguro Escolar”. A continuación deberá traer ao noso centro o xustificante de ingreso para poder tramitar a matrícula.
NON SE ADMITEN PAGOS EN EFECTIVO.