Exposición e actividades realizadas co alumnado do centro:
Durante a semana das Letras Galegas, o alumnado fixo un percorrido pola exposición dos carteis enviados pola Consellería, que se exhibiron nos corredores do centro. Do mesmo xeito, traballouse tamén co material enviado pola Consellería.
Amais, creouse unha playlist que se reproduciu no centro, a modo de banda sonora, e que contaba con varias pezas interpretadas pola figura homenaxeada este ano: as cantareiras.
O alumnado de EBI realizou tamén unha actividade de vocabulario que consistía en relacionar frases típicamente galegas divididas en dúas partes. A actividade resultou moi enriquecedora porque gran parte do alumnado non coñecía estas expresións e algunhas das propostas iniciais resultaron graciosas.