EXPOSICIÓN “SER LINGUA NON É FÁCIL”

A través do EDLG, programouse para finais de abril e principios de maio esta exposición.  Trátase dunha serie de oito carteis nos que se abordan aspectos sociolingüísticos relativos a diversos idiomas hexemónicos –inglés, francés, alemán, español, portugués…–, os cales, ben nalgún momento da súa historia ben nalgún lugar do planeta, pasaron ou pasan por situacións delicadas na súa supervivencia: minorización, diglosia, situación recesiva…

A exposición foi elaborada pola EOI de Ourense e conta cunha unidade didáctica creada ad hoc polo noso EDLG.