EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Este mes celebramos dúas reunións (martes 12 e mércores 13 de decembro), para facilitar a asistencia de lectores e lectoras ao club e intercambiar impresións sobre o libro Morte accidental dun anarquista de Darío Fo.

A opinión de todas e todas as asistentes foi de ter lido un libro interesante desde moitos puntos de vista: a experiencia de ler unha obra de teatro, a reflexión sobre a violencia de estado que Darío Fo denuncia e o sentido do humor co que está escrito para poder desenmascarar un suceso dramático. O balance desta primeira experiencia lectora é, pois, moi positiva.