EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

O día 13 de decembro estivo acompañándonos na EPA Damián Alonso, actor de dobraxe e teatro e formador de alumnado en cursos de radio, podcast, narración oral, falar en público e todo o relacionado co fascinante mundo da voz. No obradoiro que nos impartiu aprendimos recursos para usar esa ferramenta do xeito adecuado a cada circunstancia e a cada obxectivo que o falante pretenda. A través de variados e divertidos exercicios, o numeroso alumnado asistente practicou a  dicción e a lectura.

Un pracer recibir a Damián Alonso e unha interesante actividade da que todos e todas gozamos.