EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Obradoiro de ilustración na reunión do Club de Lectura sobre o libro “Barrio Lejano”

  

O mércores 1 de marzo tivo lugar a reunión do “Club de Lectura” para intercambiar opinións sobre o libro “Barrio Lejano”, novela gráfica de Jiro Taniguchi. Acompañounos o ilustrador Iago Araújo, para informarnos sobre a creación de personaxes na banda deseñada. Fixemos tamén un obradoiro no que participaron alumnado e profesorado do centro.