EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Reunión do Club de Lectura celebrada os días 24 e 25 de abril, para comentar as obras “Catedrales” de Claudia Piñeiro e “Los Cansados” de Michele Serra.

 

 

En “Catedrales” a autora explora o sentimento de culpa e o remordemento, pero tamén como estes poden ser superados, de xeitos máis honestos ou máis tortuosos. Por outra banda, “Los cansados” é unha novela que nos fala do amor polos fillos, de cando medran, dos matices dese amor, das dúbidas, dos medos, da dor de envellecer, da necesidade de sentirse comprendidos, da comunicación, dos novos tempos, de as viaxes que nunca faremos, da dificultade de deixalas marchar, do tempo perdido.