EPA VerVés – ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA

Reunión do club de lectura sobre a obra “Mi planta de naranja lima” celebrada o pasado 31 de Xaneiro. O libro de José Mauro de Vasconcelos é un traballo autobiográfico sobre a perda da inocencia de xeito precoz. Relata a emocionante historia dun neno ao que a vida fará prematuramente adulto. Nesta novela, José Mauro de Vasconcelos recreou os seus recordos de infancia no barrio rio de Bangú cun lirismo e tenrura que engaiolaron aos lectores dende a súa aparición e que o converteu nun dos libros máis lidos da literatura brasileira contemporánea.

 

 

O libro para esta lectura foi emprestado pola Biblioteca “Xosé Neira Vilas”, coa que estamos a colaborar en varias actividades. Dende a EPA Berbés agradecemos a súa colaboración.