DIA DE ROSALIA DE CASTRO 2024

Participación do noso alumnado no “Día de Rosalía” organizado polo Centro

 

Para conmemorar o 23 de Febreiro (Día de Rosalía) o noso alumnado preparou unha exposición de poemas da nosa escritora máis universal.

Amais, o equipo de Biblioteca elaborou unha exposición bibliográfica sobre a súa figura.

 

 

 

 

As librerias locais coas que traballamos agasallaron ao alumnado cun libriño que recolle unha escolma de textos de Rosalía e que foron sorteados entre o alumnado dos distintos grupos.