COLABORACIÓN CO CEIP RAMÓN Y CAJAL

Actividade intercentros entre as bibliotecas da EPA e do CEIP Ramón y Cajal.

O alumnado da ESA foi convidado a facer unha actividade de contacontos con todo o alumnado de Educación Infantil do CEIP Ramón y Cajal. Os contos elixidos foron “Cocorico”, “Chivos Chivóns” e “Tío Lobo”. Foi unha actividade de gran disfrute e excelente acollida por parte de todos os implicados.