CHARLA – PRINCIPIOS DA MELLORA CONTINUA

O día 16 de abril o alumnado da ESA asistiu á charla “Principios de mellora continua” impartida por José Corral Leira.

Nela tratáronse temas como a convicción de que é posible sempre facer mellor as cousas optimizando os procesos, mellorando as habilidades e aplicando estratexias efectivas tanto a nivel persoal como profesional. Para ilustrar a charla, analizáronse anuncios publicitarios.