Historias de vida en primeira persoa narradas por internos e internas da Lama
A sesión deste ano da actividade “Libros humanos” do Marco xunto coa Epa Nelson Mandela. Un ano mais estamos encantados de participar nesta actividade onde as persoas internas no centro Penitenciario da Lama que cursan os seus estudios na EPA Nelson Mandela comparten nun ambiente de diálogo unha parte das suas historias vitais.
O alumnado de EBI , o 1º ciclo da ESA e o 1º curso da FPB realizou esta visita ao museo do Marco na que homes e mulleres contan as súas vidas. Todas as historias teñen algo en común: Tanto eles como elas acabaron entre os muros do cárcere da Lama.
