BIBLIOTECA HUMANA NO MUSEO DO MARCO

Historias de vida en primeira persoa narradas por internos e internas da Lama

O alumnado de EBI realiza esta visita ao museo do Marco na que homes e mulleres contan as súas vidas. Todas as historias teñen algo en común: Tanto eles como elas acabaron entre os muros do cárcere da Lama.

 

Amais da experiencia das “Bibliotecas Humanas”, aproveitouse a viaxe ao Marco para facer tamén un percorrido guiado polas exposicións de Laxeiro e Andrea Costas.