O pasado 16 de outubro comezamos o “Club de Lectura EIPA” no centro. Como primeira lectura eliximos “Palabras de Caramelo” un conto que nos fixo reflexionar sobre as dificultades que podemos atopar ao longo da nosa vida e de como esas dificultades reforzan o noso carácter e fainos medrar como persoas. Un conto moi fermoso que nos fixo compartir opinións, aceptar as distintas versións dunha mesma situación, e que foi excusa para reunirnos e falar xuntas e xuntos de algo máis co estritamente académico. Adquirimos os membros a nosa “chapa” de pertenza ao Club e comezamos o noso “rexistro de lecturas”.
E todo isto cunhas pastas de té que as horas ben o merecían.
Haberá máis, por suposto!!

