BRUSELAS E ESTRASBURGO

Contámosvos como foi a viaxe Erasmus+ por Bruselas e Estrasburgo

A viaxe realizouse do 26 de abril ao 1 de maio de 2026, nela participou un grupo de 14 alumnas e alumnos da EPA do Berbés acompañados polas profesoras Antonia, Carme e Paz.

A finalidade desta movilidade era levar a cabo unha experiencia educativa internacional para dar a coñecer mellor Europa, as súas institucións, a súa historia e os seus valores.

Para acadar estes propósitos visitaron o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea, a Casa da Historia Europea, o Magritte Museum e a cidade europea simbólica de Estrasburgo, percorrendo as rúas de Bruselas e Estrasburgo.

Estas actividades achegaronlle o coñecemento dos acontecementos que marcaron ao continente europeo e que nos levaron ao que é actualmente Europa,  e tamén tiveron a posibilidade de presenciar en primeira persoa a actividade das sesións oficiáis do Parlamento Europeo, epicentro da democracia Europea.

Os alumnos fixeron un traballo de recopilación que se reflicte tamén neste artigo, onde deixaron patente tres aprendizaxes clave: unidade e superación histórica para a contrución dunha unión fundamentada nos dereitos humáns e o benestar común, multilingüismo e transparencia que garante que todos os cidadáns europeos teñan acceso a información nas súas linguas maternas e o dereito de cada eurodiputado a debatir na súa propia lingua, e o equilibrio institucional na organización e cooperación para a toma das decisións que nos afectan como europeos.

Para rematar, a reflexión final que facían dous dos alumnos da viaxe Raúl e Anthony:

“Europa demostrounos que do caos e a destrución podía nacer unha unión forte, sólidad e duradeira. É unha verdadeira hazaña como pobos con tantas diferencias culturais deixaron a un lado os seus conflitos para camiñar xuntos, aunque a ritmos diferentes, hacia un único obxectivo: a paz. Sen dúbida, esta viaxe deixou unha pegada indeleble nas nosas memorias”