DE VIAXE CULTURAL POR ROMA

A EPA de Vigo leva a cabo unha nova viaxe de profesorado Erasmus+

Unha das nosas compañeiras compartiu co resto do profesorado da EPA as actividades realizadas e as súas vivenzas na viaxe que fixo a Roma, no marco do programa Erasmus+, continuando así coa participación do centro en actividades formativas neste programa.

Realizou o curso “Coñecer o patrimonio cultural de Roma”, impartido pola academia Europass, logrando unha inmersión total na riqueza histórica da cidade a partir de visitas guiadas a lugares tan emblemáticos como o Trastevere, a Villa Farnesina ou os Museos Nacionais de Roma.

Destacou a participación e convivencia cun grupo de alumnado internacional, no cal interactuou con compañeiros procedentes de diferentes puntos de Europa, enriquecendo así o intercambio cultural e as dinámicas pedagóxicas desenvolvidas durante as xornadas. Outro punto a destacar foi a excelente labor das profesoras, que resultaron ser moi dinámicas e explicaron á perfección cada contido, facilitando unha aprendizaxe profunda nunha experiencia que cualificou como moi boa e enriquecedora.

Éste é un paso máis do que esperamos sexa unha longa lista de colaboracións, formacións, e viaxes cos que seguir afianzando o noso espírito europeo, grazas ao programa Erasmus+.