Reunión co profesorado do club de lectura sobre a obra “Mil Cosas”de Juan Tallón celebrada o día 28 de Xaneiro.
A historia reflexiona sobre o ritmo acelerado e frenético da existencia urbana: traballo esgotador, axendas saturadas, estrés constante, tarefas inacabadas e a incapacidade de desconectar mesmo cando todo debería ser descanso. Cada pequeno contratiempo vese como unha crise, e a tensión narrativa se asemella á dun thriller, facendo que o lector sinta esa presión continua.
A novela é tamén unha crítica xeracional sobre como a vida moderna, dominada polo traballo e as obrigas, fragmenta a atención e nos afasta do que realmente importa, deixando aos protagonistas —e ao lector— cuestionándose o significado de todas esas “mil cousas”.
