OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Parte do alumnado do centro asistiu a un obradoiro de banda deseñada o pasado 29 de maio. O obradoiro, impartido por Sabela Álvarez, centrouse na creación da personaxe dun cómic. Tal e como nos explicou esta debuxante e profesora, deseñar é unha forma de comunicarse e por iso, antes de pintar, debemos saber o tipo de historia que queremos contar e como son as personaxes que o compoñen, cal é o seu obxectivo ou que van facer para conseguilo. Despois de caracterizar aos/ás protagonistas, aprendemos a deseñalos cos consellos que nos ofreceu Sabela sobre o debuxo das liñas de expresión e da proporcionalidade das figuras.