Reunión co alumnado do club de lectura sobre a obra “Los Caballos de Dios” de Mahi Binebine, celebrada o pasado 7 de Novembro.
Esta é unha novela do autor marroquí Mahi Binebine, que narra a historia de dous irmáns, Yachine e Hamid, que viven nos barrios marginados de Casablanca (Marruecos). A obra céntrase nas tensións sociais, políticas e relixiosas que marcan as súas vidas e as das persoas da súa contorna. Os irmáns, atrapados pola pobreza e a desesperanza, acaban involucrándose no extremismo islámico.
A través de Yachine, a novela amosa a vulnerabilidade dos mozos ante a manipulación de grupos radicais, que os usan como ferramentas para cometer atentados suicidas. A obra reflexiona sobre a alienación, a violencia e a radicalización nunha sociedade marcada pola desigualdade, o fanatismo e a falta de perspectivas.