Información
Información
Impártese o Bacharelato na modalidade de Ciencias e na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
Titorías
- A atención do alumnado do Bacharelato de adultos semipresencial realizarase fundamentalmente a través de titorías presenciais, que serán de dous tipos: titorías lectivas e titorías de orientación.
- As titorías lectivas serán dunha sesión semanal para cada materia. Serán de asistencia obrigatoria.
- As titorías de orientación dedicaranse a solucionar as dúbidas e os problemas que puideran xurdir entre o alumnado no estudo de cada materia, así como para indicar algunhas pautas que permitan un mellor aproveitamento do seu estudo.
Avaliacións
- Cada curso constará de tres avaliacións e unha avaliación extraordinaria de setembro.
Exames
- Os exames realizaranse segundo o calendario e horario que se estableza.
- É imprescindible identificarse co DNI para poder realizar os exames.
- Se necesita un xustificante de asistencia ao exame, debe solicitalo ao profesor/a vixiante do mesmo.
- Non pode saír do exame ata transcorridos 15 minutos. Unha vez saia alguén do exame, non pode entrar ninguén máis.
Admisión e Matrícula
Curso 2024/25
Prazo ordinario de inscrición e matrícula:
- Do 1 ao 12 de Xullo de 2024, ambos inclusive.
Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:
- Do 2 ao 20 de Setembro de 2024.
IMPORTANTE: O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro de 2025 poderá realizar a matrícula en BACHARELATO do 17 ao 28 dese mesmo mes.
Documentación que debe presentar
Antigo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
- Unha fotografía tamaño carné
Novo Alumnado
- Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
- Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade
- Dúas fotografías tamaño carné
- Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)
Notas Xerais
- Os menores de 28 anos deberán aboar no centro as taxas para o pago do seguro escolar (1,12 €. Prégase traer a cantidade exacta).
- O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
- As persoas maiores de 25 anos poden solicitar a exención da materia de Educación Física. Para iso deben cubrir o impreso correspondente (Descargar)
- O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.