Información:

É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade semipresencial ten as seguintes características:

  • As clases son un día á semana en horario de tarde/noite.
  • O alumno dispón de titorías de consulta, asesoramento e orientación.
  • A materia divídese en dous exames parciais por cuadrimestre
  • Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.

Módulos e Ámbitos:

A E.S.A. está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O.
Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:

  • Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
  • Ámbito SOCIAL
  • Ámbito de COMUNICACIÓN

Duración:

Na Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) o ano académico divídese en dous cuadrimestres:

  • 1º Cuadrimestre: de setembro a febreiro
  • 2º Cuadrimestre: de febreiro a xuño.

En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos.

No 2º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1ºCuadrimestre.

Materiais:

Cada ámbito dispón duns Materiais Didácticos que poden ser descargados dende o menú situado na parte superior desta páxina. Nestas guías atopará, tanto a teoría, coma exercicios de autoavaliación.

Avaliación:

  • A avaliación de cada ámbito realizarase en dúas probas bimensuais e unha proba final que permitirá recuperar as probas bimensuais suspensas.
  • Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.

Curso 2024/25

ESA Semipresencial (Prazo ordinario de inscrición e matrícula):

  • Do 1 ao 12 de Xullo de 2024, ambos inclusive.

 

ESA Semipresencial (Prazo extraordinario de inscrición e matrícula):

  • 1º Cuadrimestre: Dende o 2 de setembro de 2024 ata o 17 de xaneiro de 2025.
  • 2º Cuadrimestre: Dende o 3 de febreiro ata o 25 de abril de 2025.

 

OFERTA SUXEITA Á DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS. 

Antigo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
  • Unha fotografía tamaño carné

Novo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (unicamente o recadro superior) (Descargar)
  • Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)

IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.

 

Notas Xerais

  • Os menores de 28 anos que se matriculen en 3º e 4º deberán aboar no centro as taxas para o pago do seguro escolar (1,12 €. Prégase traer a cantidade exacta).
  • O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación.
  • O alumnado que autorice o uso e difusión da súa imaxe persoal en Internet deberá entregar, xunto coa matrícula, esta autorización debidamente cuberta e asinada.