NIVEL I

  • Información: Este nivel está pensado para aquelas persoas que necesiten adquirir as destrezas básicas de lecto-escritura e cálculo (Alfabetización), ou mellorar as devanditas destrezas (Neolectores).
  • Horario semanal: Doce sesións semanais.
  • Equivalencia: Equivale ata 3º de Primaria.
  • Modalidade: Só poderá ser cursado na modalidade de presencial.
  • Duración: Non existe límite de tempo. Depende do ritmo de aprendizaxe do alumno/a para a adquirir os coñecementos establecidos.

NIVEL II

  • Información: Dirixido ás persoas que, dominando o nivel anterior, non teñen ningunha titulación académica e desexen algunhas das opcións seguintes:
    • Acceder á Educación Secundaria para persoas Adultas
    • Consolidar as técnicas de lecto-escritura e cálculo
    • Participar activamente na vida social e cultural.
  • Horario semanal: Dezaseis sesións semanais
  • Equivalencia: Equivale ata 6º de Primaria.
  • Modalidade: Só poderá ser cursado na modalidade de presencial.
  • Duración: Non existe límite de tempo. Depende do ritmo de aprendizaxe do alumno/a para a adquirir os coñecementos establecidos

Curso 2024/25

Prazo ordinario de inscrición e matrícula:

  • Do 1 ao 12 de Xullo, ambos inclusive.

 

Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:

  • A partir do 2 de setembro. Aberta todo o curso (en función das prazas dispoñibles).

Antigo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
  • Unha fotografía tamaño carné

Novo Alumnado

  • Impreso de matrícula cuberto (Descargar)
  • Fotocopia do DNI, NIE ou calquera Documento Oficial de Identidade.
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Certificación académica (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a)

IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica deberá realizar unha proba de Valoración Inicial (Proba VIA), para ser adscrito/a ao nivel correspondente. Pode cubrir o impreso de matrícula para apuntarse a esta proba e entregalo no centro na primeira semana de Setembro ou na segunda semana de Xaneiro.


Notas Xerais: