O pasado xoves o alumnado de 1º de FPB achegouse ao Instituto Marítimo Pesqueiro de Vigo para coñecer a súa oferta formativa e as súas instalacións. Nesta visita o alumnado puido coñecer de primeira man as diversas oportunidades laborais que ofrece o mundo do mar, mergullarse na sala de mecánicas, navegar cos simuladores, coñecer os camarotes, ver como se cosen as redes, orientarse coas estrelas do planetario, ou como actuar nunha emerxencia en alta mar.
Unha mañá ben completa e interesante.
