A primeira viaxe Erasmus+ do profesorado da EPA de Vigo.
As nosas compañeiras Antonia e Pepa, compartiron co resto do profesorado da EPA as actividades realizadas e as súas vivenzas na viaxe que fixeron a Calabria, no marco do programa Erasmus+, sendo ésta a primeira participación da EPA en actividades formativas neste programa.
Realizaron dende unha formación de italiano básico ata unha inmersión total na cultura calabresa a partir de visitas a monumentos, museos, mercados, participando en actividades gastronómicas así como percorrendo as vilas disfrutando das paisaxes.
Outro punto a destacar foi a participación en xogos con trasfondo educativo, nos cales interactuaron co resto de participantes procendentes de diferentes países europeos, como Alemania, Eslovenia e Portugal entre outros.

Destacaron o bo acollemento da xente de Calabria.
Éste é o primeiro do que esperamos sexa unha longa lista de colaboracións, formacións, e viaxes cos que seguir afianzando o noso espírito europeo, grazas ao programa Erasmus+.
