EPA VerVés – ACTIVIDADE DE CINE FÓRUM

Reunión do grupo de Cine Fórum sobre a película “El Techo Amarillo”.

Ocasionalmente os delitos prescriben, pero isto non significa que non se producisen. Desta premisa nace e crece o último proxecto de Isabel Coixet, “El Techo Amarillo”, un comprometido documental que visibiliza un caso de abusos sexuais que, a día de hoxe, non tivo consecuencias legais polo paso do tempo. A proposta, sentida e entregada, puido verse no marco do Festival de Cine de San Sebastián, onde tivo unha boa acollida. A película ofrece unha oportunidade para reflexionar sobre a credibilidade e o consentimento, entrevistando a varias voces implicadas no escándalo.

 

Tras a proxección discútese sobre temas coma o documental como medio de denuncia, os abusos cara ás protagonistas do filme cando aínda eran menores de idade, o silencio das propias vítimas e a fina liña entre sedución e maltrato.