EPA VerVés – ACTIVIDADE DE CINE FÓRUM

Reunión do grupo de Cine Fórum sobre a película “Nebraska”.

Con Nebraska, Alexander Payne volve agasallarnos cunha película que parece sinxela en narrativa e formato, pero que é potente en reflexión. O tema central da película xira arredor da familia. Na cinta vemos como a falta de comunicación, os intereses económicos ou o máis puro egoísmo interfiren nas relacións entre cada membro. No mundo que retrata Alexander Payne só hai lugar para a decepción e a melancolía; as relacións humanas entre a clase media estadounidense, cada vez máis individualista, vólvense cada vez máis complicadas. Sobre todo cando alguén xa non é produtivo para a sociedade.

Do mesmo xeito, o filme afonda tamén na necesidade do ser humano de afirmar a súa propia personalidade ante unha sociedade cada vez máis uniforme e estandarizada.

 

Tras a proxección da película trátanse temas como o diálogo entre pais e fillos, a viaxe entendida como método de coñecemento entre os protagonistas, o sentimento de fracaso na vellez ou o papel da muller do protagonista.