Con motivo deste día, no centro fíxose unha exposición para visualizar as contribucións feitas por mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. A intención foi facer chegar ao noso alumnado e a sociedade en xeral, as principais mulleres galegas científicas galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.
O alumnado de ESPA 1M, ESPA 2 M e Servizos Administrativos participou tamén noutra das actividades programadas para conmemorar esta data. Proxectamos e debatimos sobre o filme “Figuras Ocultas”que narra a historia nunca contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas, Katherine G. Johnson , Dorothy Vaughan e Mary Jackson, que traballaron na axencia espacial NASA a comezos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e así mesmo en metade da loita polos dereitos civís dos negros estadounidenses) no ambicioso proxecto de poñer en órbita ao astronauta John Glenn.

