CHARLAS DE PREPARACIÓN PARA O EMPREGO PARA FP

O xoves 16 de outubro ás 19 horas tiveron lugar as charlas “Preparación para o emprego” cos grupos de 3º e 4º da Espa e o Programa Formativo FPB Comercio da tarde. Os contidos foron os seguintes:

– Como entrar na oficina virtual de emprego
– Como inscribirse en Garantía Xuvenil
– Consultar a propia vida laboral
– Uso da Intelixencia Artificial para mellorar o curriculum e preparar as entrevistas de traballo


O curso estivo impartido pola técnica de emprego Mercedes Mariño da Red Araña (Entidades por el empleo) que traballa en colaboración coa Consellería de Xuventude.