DIA DE ROSALIA DE CASTRO 2026

Participación do noso alumnado no “Día de Rosalía” organizado polo Centro

O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Para iso, dende Dinamización da Lingua Galega temos preparada unha exposición que se colocará no panel do primeiro andar.

Para traballar a exposición e algúns dos poemas de Rosalía, tamén estará á disposición do alumnado un folleto que se adxunta: Lendo a Rosalía no século XXI.

O folleto inclúe:

  • Poemas para traballar as relacións sentimentais non correspondidas entre un home e unha muller.

  • Un poema para traballar as causas da emigración: o sistema político-económico imperante.

  • Un test de coñecemento rosaliano para traballar a exposición.

  • Exposición na biblioteca da obra de Rosalía.