CHARLA SOBRE AUTOESTIMA POSITIVA

O pasado xoves o alumnado de EBI recibiu unha charla sobre a autoestima enmarcada no Proxecto de Inclusión Educativa (PIE) que o centro está a desenvolver.

Alba, técnica da asociación Alborada, explicounos os piares que sustentan a nosa autoestima  así como a influencia desta na nosa vida cotiá. Facilitándonos algunhas pautas prácticas para mellorala no noso día a día.